Ir o contido principal

O Concello de Curtis abre un proceso selectivo para a creación dunha listaxe de persoal laboral temporal

O Concello de Curtis publicou a convocatoria para a selección e formación dunha listaxe de persoal laboral temporal coa categoría de operario/a de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición.

 

As bases do proceso foron aprobadas mediante o Decreto da Alcaldía número 649/2025, de data 13 de outubro de 2025, e regulan o procedemento para cubrir temporalmente postos desta categoría no Concello.

 

O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

 

As bases íntegras poden consultarse:

  • Nas oficinas municipais do Concello de Curtis.
  • Na páxina web oficial: www.curtis.gal
  • No taboleiro de anuncios electrónico do Concello.

 

Para máis información, recoméndase revisar a documentación completa dispoñible na web municipal.

Comments