Convocatoria do Concello de Castro Caldelas para a contratación de persoal laboral temporal
O Concello de Castro Caldelas anuncia a apertura dunha convocatoria para a creación dunha bolsa de selección de persoal, mediante concurso de méritos, co obxectivo de contratar unha persoa limpadora de edificios públicos dependentes do Concello.
Esta contratación está destinada á cobertura temporal de vacacións, permisos, baixas e outras ausencias da traballadora titular do posto de limpadora de edificios públicos.
Características da convocatoria:
-
Denominación da praza: limpador/a de edificios públicos dependentes do Concello de Castro Caldelas (substitución).
-
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, por substitución.
-
Duración do contrato: ata a reincorporación da traballadora substituída.
-
Sistema de selección: concurso de méritos.
-
Prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados desde o seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
-
Lugar e bases completas: o texto íntegro da convocatoria pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal: https://castrocaldelas.sedelectronica.gal




Comments