Ir o contido principal

Convocatoria do Concello de Castro Caldelas para a contratación de persoal laboral temporal

O Concello de Castro Caldelas anuncia a apertura dunha convocatoria para a creación dunha bolsa de selección de persoal, mediante concurso de méritos, co obxectivo de contratar unha persoa limpadora de edificios públicos dependentes do Concello.

Esta contratación está destinada á cobertura temporal de vacacións, permisos, baixas e outras ausencias da traballadora titular do posto de limpadora de edificios públicos.

Características da convocatoria:

  • Denominación da praza: limpador/a de edificios públicos dependentes do Concello de Castro Caldelas (substitución).

  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, por substitución.

  • Duración do contrato: ata a reincorporación da traballadora substituída.

  • Sistema de selección: concurso de méritos.

  • Prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados desde o seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

  • Lugar e bases completas: o texto íntegro da convocatoria pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal: https://castrocaldelas.sedelectronica.gal

Comments