Bolsas de estudo Curso 2025-2026 – Concello de Abegondo
O Concello de Abegondo convoca bolsas de estudo para o curso académico 2025-2026, destinadas a apoiar aos estudantes en diferentes niveis educativos: educación infantil (segundo ciclo), primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, estudos universitarios e demais ensinanzas de carácter postobrigatorio.
Modalidades
-
Axudas aos desprazamentos con fin escolar: financiamento de gastos de transporte relacionados coa asistencia ao centro educativo.
-
Axudas á escolarización: apoio económico para a matrícula ou custos asociados á educación.
Importe da convocatoria
-
Desprazamentos escolares: 30.000 €
-
Escolarización: 30.000 €
Requisitos
-
Ser estudante matriculado nun dos niveis educativos indicados durante o curso 2025-2026.
Prazo de solicitude
15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Prazo de xustificación
-
Axudas aos desprazamentos escolares: ata o 31 de xullo de 2026.
-
Axudas á escolarización: ata o 31 de xaneiro de 2026.
Máis información
Consulta o texto completo das bases na Base de Datos Nacional de Subvencións ou no BOP da Coruña




Comments