Ir o contido principal
Becas

Bolsas de estudo Curso 2025-2026 – Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo convoca bolsas de estudo para o curso académico 2025-2026, destinadas a apoiar aos estudantes en diferentes niveis educativos: educación infantil (segundo ciclo), primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, estudos universitarios e demais ensinanzas de carácter postobrigatorio.

Modalidades

  • Axudas aos desprazamentos con fin escolar: financiamento de gastos de transporte relacionados coa asistencia ao centro educativo.

  • Axudas á escolarización: apoio económico para a matrícula ou custos asociados á educación.

Importe da convocatoria

  • Desprazamentos escolares: 30.000 €

  • Escolarización: 30.000 €

Requisitos

  • Ser estudante matriculado nun dos niveis educativos indicados durante o curso 2025-2026.

Prazo de solicitude
15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Prazo de xustificación

  • Axudas aos desprazamentos escolares: ata o 31 de xullo de 2026.

  • Axudas á escolarización: ata o 31 de xaneiro de 2026.

Máis información
Consulta o texto completo das bases na Base de Datos Nacional de Subvencións ou no BOP da Coruña

Comments