Skip to main content
asociacions

Aberta a convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento da cultura en Malpica de Bergantiños (2025)

O Concello de Malpica de Bergantiños publica a Convocatoria de subvencións para entidades culturais e educativas sen ánimo de lucro, destinada ao fomento da cultura e das “foliadas” durante o ano 2025. O extracto pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia e o texto íntegro na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 868223).

Entidades beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas as entidades legalmente constituídas que:

  • Carezan de fins de lucro.

  • Desenvolvan a súa actividade no Concello de Malpica de Bergantiños.

  • Estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, ou teñan solicitada a súa inscrición.

Finalidade das axudas

A convocatoria abrangue dúas liñas principais:

1. Programa de Promoción Cultural

Dirixido a proxectos e accións culturais desenvolvidas no ámbito municipal, incluíndo:

  • Actividades escénicas: música, danza, teatro ou maxia.

  • Literatura, fotografía, cine, creación audiovisual e artes plásticas.

  • Artesanía tradicional vinculada á Costa da Morte.

  • Promoción e posta en valor do patrimonio histórico e natural de Malpica.

  • Actividades educativas complementarias organizadas pola comunidade educativa.

  • Promoción da lingua galega e das tradicións locais.
    Tamén se inclúen os gastos de funcionamento vinculados directamente a estas actuacións.

Quedan excluídas as actividades que non respondan a estas finalidades, os festexos e festas patronais e as “foliadas”, ao teren unha liña específica.

2. Programa de Promoción das Foliadas

Inclúe un crédito específico para apoiar a organización de “foliadas” no termo municipal.

Bases reguladoras e contía da convocatoria

As bases específicas aprobáronse o 5/11/2025 e publicáronse no BOP nº 216 (11/11/2025).

A contía total ascende a 20.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

  • 17.000 € para promoción cultural.

  • 3.000 € para promoción das foliadas.

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse a través do Rexistro Electrónico do Concello:
👉 https://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html

O prazo é de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto no BOP.

Documentación requirida

Deberanse presentar cinco arquivos en formato PDF, contendo:

  1. Formulario de solicitude e memoria da actividade.

  2. Documentación identificativa da entidade.

  3. Memorias e programación de actividades para 2025.

  4. Certificados de estar ao corrente das obrigas coa Administración.

  5. Outras autorizacións, de ser o caso.

Os erros ou omisións deberán emendarse nun prazo de 10 días desde o requirimento.

Comments