Skip to main content

Convocatoria para cubrir en propiedade prazas de auxiliar administrativo no Concello do Carballiño

O Concello do Carballiño aprobou as bases específicas para cubrir en propiedade dúas prazas de auxiliar administrativo/a de Administración Xeral e unha praza de auxiliar administrativo/a de biblioteca, incluídas na Oferta de Emprego Público de 2024.

Requisitos principais:

  • Titulación: Graduado en ESO ou equivalente.

  • Condicións xerais recollidas nas bases da OEP 2024.

  • Proba de galego (exento quen posúa Celga 3).

Sistema de selección:
O proceso realizarase mediante oposición libre, composta por catro exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  1. Test teórico (mínimo 50 preguntas).

  2. Suposto teórico-práctico sobre tarefas administrativas.

  3. Proba de informática (nivel usuario).

  4. Proba de galego (apto/non apto).

Características das prazas:

  • Subgrupo C2, escala de Administración Xeral.

  • Dedicación exclusiva.

  • Retribucións segundo normativa.

Máis información:
As bases completas están dispoñibles na sede electrónica do Concello do Carballiño:
https://ocarballinho.sedelectronica.gal

 

Comments