Convocatoria para cubrir en propiedade prazas de auxiliar administrativo no Concello do Carballiño
O Concello do Carballiño aprobou as bases específicas para cubrir en propiedade dúas prazas de auxiliar administrativo/a de Administración Xeral e unha praza de auxiliar administrativo/a de biblioteca, incluídas na Oferta de Emprego Público de 2024.
Requisitos principais:
-
Titulación: Graduado en ESO ou equivalente.
-
Condicións xerais recollidas nas bases da OEP 2024.
-
Proba de galego (exento quen posúa Celga 3).
Sistema de selección:
O proceso realizarase mediante oposición libre, composta por catro exercicios obrigatorios e eliminatorios:
-
Test teórico (mínimo 50 preguntas).
-
Suposto teórico-práctico sobre tarefas administrativas.
-
Proba de informática (nivel usuario).
-
Proba de galego (apto/non apto).
Características das prazas:
-
Subgrupo C2, escala de Administración Xeral.
-
Dedicación exclusiva.
-
Retribucións segundo normativa.
Máis información:
As bases completas están dispoñibles na sede electrónica do Concello do Carballiño:
https://ocarballinho.sedelectronica.gal




Comments