Skip to main content

Xermade publica a convocatoria do proceso selectivo para o proxecto “Reforzo do Emprego 2025”

O Concello de Xermade vén de aprobar, mediante Decreto da Alcaldía nº 2025-0580 do 18 de novembro de 2025, as bases e a convocatoria do proceso selectivo destinado ao nomeamento de persoal funcionario interino para o proxecto municipal “Reforzo do Emprego 2025”.

As prazas ofertadas son as seguintes:

  • Dous/dúas peóns/as de edificación e obras públicas

  • Un/unha oficial de 1ª de edificación

  • Un/unha oficial de 2ª – condutor/a de edificación

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bases completas poden consultarse na sede electrónica do Concello de Xermade:
https://concelloxermade.sedelectronica.es/

Comments