Xermade publica a convocatoria do proceso selectivo para o proxecto “Reforzo do Emprego 2025”
O Concello de Xermade vén de aprobar, mediante Decreto da Alcaldía nº 2025-0580 do 18 de novembro de 2025, as bases e a convocatoria do proceso selectivo destinado ao nomeamento de persoal funcionario interino para o proxecto municipal “Reforzo do Emprego 2025”.
As prazas ofertadas son as seguintes:
-
Dous/dúas peóns/as de edificación e obras públicas
-
Un/unha oficial de 1ª de edificación
-
Un/unha oficial de 2ª – condutor/a de edificación
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As bases completas poden consultarse na sede electrónica do Concello de Xermade:
https://concelloxermade.sedelectronica.es/




Comments