XXVII Concurso de Postais de Nadal 2025 do Concello de Santa Comba
O Concello de Santa Comba convoca unha nova edición do tradicional Concurso de Postais de Nadal, co obxectivo de fomentar a creatividade infantil, promover os valores do Nadal e implicar aos máis novos na creación da felicitación institucional do ano 2025.
Requisitos de participación
-
Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos residentes en Santa Comba.
-
Deben estar escolarizados en centros de educación infantil ou primaria do municipio.
-
Admitiranse tamén participantes que, residindo en Santa Comba, estuden noutros concellos.
-
Cada participante poderá presentar unha soa obra.
Características das obras
-
Tema: O Nadal e os seus valores (paz, amor, tolerancia, inclusión, tradición local).
-
Formato: A4, técnica libre.
-
Non se admitirán: collage, purpurina, elementos en relevo ou materiais difíciles de reproducir.
Identificación das creacións
-
A obra debe levar pseudónimo e idade no reverso.
-
Debe entregarse cun sobre pechado:
-
Exterior: o mesmo pseudónimo.
-
Interior: nome do autor/a, teléfono e centro escolar.
-
Presentación das solicitudes
-
Lugar: Casa da Cultura de Santa Comba (Departamento de Cultura).
-
Prazo: ata o 29 de novembro de 2025.
-
Entrega: persoal docente, familias ou os/as propios/as participantes.
-
O xurado realizará unha selección previa de 50 obras.
Premios
-
A obra gañadora será a postal oficial de Nadal do Concello.
-
Premios en vales de compra no comercio local:
-
1º premio: 90 €
-
2º premio: 65 €
-
3º premio: 45 €
-
Máis información




Comments