Ir o contido principal
postales

XXVII Concurso de Postais de Nadal 2025 do Concello de Santa Comba

O Concello de Santa Comba convoca unha nova edición do tradicional Concurso de Postais de Nadal, co obxectivo de fomentar a creatividade infantil, promover os valores do Nadal e implicar aos máis novos na creación da felicitación institucional do ano 2025.

Requisitos de participación

  • Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos residentes en Santa Comba.

  • Deben estar escolarizados en centros de educación infantil ou primaria do municipio.

  • Admitiranse tamén participantes que, residindo en Santa Comba, estuden noutros concellos.

  • Cada participante poderá presentar unha soa obra.

Características das obras

  • Tema: O Nadal e os seus valores (paz, amor, tolerancia, inclusión, tradición local).

  • Formato: A4, técnica libre.

  • Non se admitirán: collage, purpurina, elementos en relevo ou materiais difíciles de reproducir.

Identificación das creacións

  • A obra debe levar pseudónimo e idade no reverso.

  • Debe entregarse cun sobre pechado:

    • Exterior: o mesmo pseudónimo.

    • Interior: nome do autor/a, teléfono e centro escolar.

Presentación das solicitudes

  • Lugar: Casa da Cultura de Santa Comba (Departamento de Cultura).

  • Prazo: ata o 29 de novembro de 2025.

  • Entrega: persoal docente, familias ou os/as propios/as participantes.

  • O xurado realizará unha selección previa de 50 obras.

Premios

  • A obra gañadora será a postal oficial de Nadal do Concello.

  • Premios en vales de compra no comercio local:

    • 1º premio: 90 €

    • 2º premio: 65 €

    • 3º premio: 45 €

Máis información

BOP 

Comments