Narón abre o proceso selectivo para unha praza de Técnico/a Tributario/a (OEP 2025)
O Concello de Narón vén de publicar as bases específicas e a convocatoria para cubrir unha paza de funcionario/a de carreira de Técnico/a Tributario/a, pertencente ao grupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público 2025. A aprobación realizouse pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 20 de novembro de 2025.
Características da praza
-
Categoría: Técnico/a Tributario/a
-
Grupo/Subgrupo: A / A2
-
Escala: Administración especial – Subescala técnica/media
-
Sistema de selección: Oposición
-
Número de prazas: 1
-
Taxa de exame: 17,21 €
-
Nivel de galego requirido: CELGA 4
-
Titulación necesaria: Diplomatura ou Grao que habilite para o exercicio das funcións do posto
Principais funcións do posto
A praza está orientada á xestión e control tributario municipal, incluíndo:
-
Control de pago de tributos
-
Propostas de resolución de recursos
-
Investigacións tributarias e de posibles fraudes fiscais
-
Asesoramento técnico aos órganos municipais
-
Intervencións tributarias e atención á cidadanía en materia fiscal
Solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A tramitación realizarase a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.
As persoas aspirantes deberán achegar:
-
Modelo oficial de solicitude
-
Xustificante de pagamento da taxa
-
DNI
-
Titulación requirida
-
Acreditación do nivel CELGA 4 (ou realizarán proba específica)
-
Solicitude de adaptacións, no caso de persoas con discapacidade
Proceso selectivo
O sistema será o de oposición, estruturado en:
-
Primeiro exercicio (teórico):
-
Cuestionario tipo test
-
Desenvolvemento dun tema
-
-
Segundo exercicio (práctico):
-
Un ou varios supostos prácticos
-
-
Terceiro exercicio (lingua galega), só para quen non dispoña do CELGA 4
Para superar o proceso é necesario aprobar todos os exercicios obrigatorios.
Listas de reserva e espera
Ao rematar o proceso:
-
Crearase unha lista de reserva de aspirantes aprobados sen praza.
-
Tamén se elaborará unha lista de espera para posibles nomeamentos como persoal funcionario interino.
Toda a información está dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Narón.




Comments