Ir o contido principal

Narón abre o proceso selectivo para unha praza de Técnico/a Tributario/a (OEP 2025)

O Concello de Narón vén de publicar as bases específicas e a convocatoria para cubrir unha paza de funcionario/a de carreira de Técnico/a Tributario/a, pertencente ao grupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público 2025. A aprobación realizouse pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 20 de novembro de 2025.

Características da praza

  • Categoría: Técnico/a Tributario/a

  • Grupo/Subgrupo: A / A2

  • Escala: Administración especial – Subescala técnica/media

  • Sistema de selección: Oposición

  • Número de prazas: 1

  • Taxa de exame: 17,21 €

  • Nivel de galego requirido: CELGA 4

  • Titulación necesaria: Diplomatura ou Grao que habilite para o exercicio das funcións do posto

Principais funcións do posto

A praza está orientada á xestión e control tributario municipal, incluíndo:

  • Control de pago de tributos

  • Propostas de resolución de recursos

  • Investigacións tributarias e de posibles fraudes fiscais

  • Asesoramento técnico aos órganos municipais

  • Intervencións tributarias e atención á cidadanía en materia fiscal

Solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A tramitación realizarase a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.

As persoas aspirantes deberán achegar:

  • Modelo oficial de solicitude

  • Xustificante de pagamento da taxa

  • DNI

  • Titulación requirida

  • Acreditación do nivel CELGA 4 (ou realizarán proba específica)

  • Solicitude de adaptacións, no caso de persoas con discapacidade

Proceso selectivo

O sistema será o de oposición, estruturado en:

  1. Primeiro exercicio (teórico):

    • Cuestionario tipo test

    • Desenvolvemento dun tema

  2. Segundo exercicio (práctico):

    • Un ou varios supostos prácticos

  3. Terceiro exercicio (lingua galega), só para quen non dispoña do CELGA 4

Para superar o proceso é necesario aprobar todos os exercicios obrigatorios.

Listas de reserva e espera

Ao rematar o proceso:

  • Crearase unha lista de reserva de aspirantes aprobados sen praza.

  • Tamén se elaborará unha lista de espera para posibles nomeamentos como persoal funcionario interino.

Toda a información está dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Narón.

BOP CORUÑA

Comments