Narón publica as bases e a convocatoria para unha praza de Auxiliar Administrativo/a (OEP 2024)
O Concello de Narón vén de aprobar, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 20 de novembro de 2025, as bases específicas e a convocatoria para cubrir unha praza de Auxiliar Administrativo/a, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, como persoal funcionario de carreira. A praza está incluída na Oferta de Emprego Público 2024.
Características da praza
-
Categoría: Auxiliar Administrativo/a – Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar
-
Número de prazas: 1
-
Sistema de selección: Oposición
-
Titulación requirida: Graduado en ESO ou equivalente
-
Lingua galega: CELGA 3 (ou realización de proba de nivel)
-
Dereitos de exame: 17,21 €
-
Principais funcións:
-
Informatizar documentos
-
Rexistrar e arquivar documentación
-
Atención ao público
-
Realizar tarefas administrativas de apoio e substituír o superior xerárquico en caso de ausencia
-
Presentación de solicitudes
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). A tramitación debe realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Narón ou segundo o artigo 16 da Lei 39/2015.
Deberán achegarse:
-
Solicitude oficial
-
Xustificante de pagamento das taxas
-
Copia do DNI
-
Titulación requirida
-
Acreditación do CELGA 3 ou indicación de realizar a proba de galego
-
No caso de aspirantes con discapacidade, documentación acreditativa e solicitude de adaptacións se procede
Proceso selectivo
O proceso realizarase mediante tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:
-
Primeiro exercicio: cuestionario teórico de 50 preguntas tipo test.
-
Segundo exercicio: cuestionario práctico de 40 preguntas sobre tarefas propias do posto.
-
Terceiro exercicio: proba de galego (só para quen non acredite o CELGA 3).
A puntuación final obterase sumando os resultados dos dous primeiros exercicios.
Listas posteriores
Finalizado o proceso:
-
Crearase unha lista de reserva de persoas aspirantes que superen a oposición pero non obteñan praza.
-
Elaborarase tamén unha lista de espera para nomeamentos de persoal funcionario interino.




Comments