Ir o contido principal

Narón publica as bases e a convocatoria para unha praza de Auxiliar Administrativo/a (OEP 2024)

O Concello de Narón vén de aprobar, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 20 de novembro de 2025, as bases específicas e a convocatoria para cubrir unha praza de Auxiliar Administrativo/a, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, como persoal funcionario de carreira. A praza está incluída na Oferta de Emprego Público 2024.

Características da praza

  • Categoría: Auxiliar Administrativo/a – Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar

  • Número de prazas: 1

  • Sistema de selección: Oposición

  • Titulación requirida: Graduado en ESO ou equivalente

  • Lingua galega: CELGA 3 (ou realización de proba de nivel)

  • Dereitos de exame: 17,21 €

  • Principais funcións:

    • Informatizar documentos

    • Rexistrar e arquivar documentación

    • Atención ao público

    • Realizar tarefas administrativas de apoio e substituír o superior xerárquico en caso de ausencia

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). A tramitación debe realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Narón ou segundo o artigo 16 da Lei 39/2015.

Deberán achegarse:

  • Solicitude oficial

  • Xustificante de pagamento das taxas

  • Copia do DNI

  • Titulación requirida

  • Acreditación do CELGA 3 ou indicación de realizar a proba de galego

  • No caso de aspirantes con discapacidade, documentación acreditativa e solicitude de adaptacións se procede

Proceso selectivo

O proceso realizarase mediante tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  1. Primeiro exercicio: cuestionario teórico de 50 preguntas tipo test.

  2. Segundo exercicio: cuestionario práctico de 40 preguntas sobre tarefas propias do posto.

  3. Terceiro exercicio: proba de galego (só para quen non acredite o CELGA 3).

A puntuación final obterase sumando os resultados dos dous primeiros exercicios.

Listas posteriores

Finalizado o proceso:

  • Crearase unha lista de reserva de persoas aspirantes que superen a oposición pero non obteñan praza.

  • Elaborarase tamén unha lista de espera para nomeamentos de persoal funcionario interino.

 

BOP CORUÑA

Comments