Convocatoria INCUVI Consolida 2025 da Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo publica a convocatoria INCUVI Consolida 2025, destinada a apoiar a consolidación de proxectos emprendedores impulsados por persoas tituladas recentemente e previamente participantes no programa INCUVI-Avanza.
Requisitos das persoas solicitantes
-
Poden participar persoas ou equipos emprendedores que fosen beneficiarios/as dun premio nas tres últimas edicións de INCUVI-Avanza, sempre co mesmo proxecto.
-
Os equipos poden ter ata 4 integrantes, con unha persoa coordinadora.
-
A persoa promotora ou coordinadora debe ter participado no programa INCUVI-Avanza.
-
Deben ter autoría intelectual das ideas presentadas ou contar cos permisos correspondentes.
-
Non se pode presentar máis dun proxecto nin formar parte de varios equipos.
-
Se algún membro non continúa no proxecto, debe presentarse a súa renuncia formal.
Solicitudes e documentación
-
Cubrir o formulario en liña
-
Descargar o formulario e presentalo na sede electrónica da UVigo, mediante instancia xenérica (SXER), indicando “Axudas INCUVI Consolida”.
-
No formulario en liña deberán subirse estes documentos:
-
CV breve das persoas integrantes do equipo (máx. 1 páxina A4 por persoa).
-
Carta de interese/motivación da persoa promotora ou coordinadora.
-
Formulario de renuncia, se procede.
-
-
Non é necesario subir esta documentación á sede electrónica
Prazo de presentación
Do día seguinte á publicación da convocatoria ata o 10 de decembro de 2025 ás 23:59 h (hora peninsular).
Axuda
A convocatoria inclúe:
-
10 horas de asesoramento profesional (axuda en especie).
-
Ata 1.000 € para gastos vinculados á consolidación do proxecto.
Máis información
Toda a información completa pode consultarse na web oficial da Universidade de Vigo




Comments