Ir o contido principal
incuvi

Convocatoria INCUVI Consolida 2025 da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo publica a convocatoria INCUVI Consolida 2025, destinada a apoiar a consolidación de proxectos emprendedores impulsados por persoas tituladas recentemente e previamente participantes no programa INCUVI-Avanza.

Requisitos das persoas solicitantes

  • Poden participar persoas ou equipos emprendedores que fosen beneficiarios/as dun premio nas tres últimas edicións de INCUVI-Avanza, sempre co mesmo proxecto.

  • Os equipos poden ter ata 4 integrantes, con unha persoa coordinadora.

  • A persoa promotora ou coordinadora debe ter participado no programa INCUVI-Avanza.

  • Deben ter autoría intelectual das ideas presentadas ou contar cos permisos correspondentes.

  • Non se pode presentar máis dun proxecto nin formar parte de varios equipos.

  • Se algún membro non continúa no proxecto, debe presentarse a súa renuncia formal.

Solicitudes e documentación

  1. Cubrir o formulario en liña

  2. Descargar o formulario e presentalo na sede electrónica da UVigo, mediante instancia xenérica (SXER), indicando “Axudas INCUVI Consolida”.

  3. No formulario en liña deberán subirse estes documentos:

    • CV breve das persoas integrantes do equipo (máx. 1 páxina A4 por persoa).

    • Carta de interese/motivación da persoa promotora ou coordinadora.

    • Formulario de renuncia, se procede.

  4. Non é necesario subir esta documentación á sede electrónica

Prazo de presentación

Do día seguinte á publicación da convocatoria ata o 10 de decembro de 2025 ás 23:59 h (hora peninsular).

Axuda

A convocatoria inclúe:

  • 10 horas de asesoramento profesional (axuda en especie).

  • Ata 1.000 € para gastos vinculados á consolidación do proxecto.

Máis información

Toda a información completa pode consultarse na web oficial da Universidade de Vigo

DOGA

Comments