Skip to main content

Bolsa de emprego de persoal técnico auxiliar de informática no Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo convoca un proceso selectivo mediante concurso-oposición para a formación dunha bolsa de emprego de técnicos/as auxiliares de informática (grupo C1) co fin de cubrir nomeamentos interinos e necesidades temporais.

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da UE.

  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Estar en posesión do título de Bacharelato ou Técnico, ou equivalente.

  • Acreditar o coñecemento da lingua galega (CELGA 4) ou superar a proba específica.

  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial.

Prazo de presentación:

10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Solicitudes:

A presentación realizarase preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Culleredo. Tamén poderán presentarse polos restantes medios recollidos na Lei 39/2015.

Máis información:

  • BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)

  • Web do Concello de Culleredo

  • Correo electrónico: persoal@culleredo.es

Comments