Bolsa de emprego de persoal técnico auxiliar de informática no Concello de Culleredo
O Concello de Culleredo convoca un proceso selectivo mediante concurso-oposición para a formación dunha bolsa de emprego de técnicos/as auxiliares de informática (grupo C1) co fin de cubrir nomeamentos interinos e necesidades temporais.
Requisitos:
-
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da UE.
-
Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
-
Estar en posesión do título de Bacharelato ou Técnico, ou equivalente.
-
Acreditar o coñecemento da lingua galega (CELGA 4) ou superar a proba específica.
-
Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
-
Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial.
Prazo de presentación:
10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Solicitudes:
A presentación realizarase preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Culleredo. Tamén poderán presentarse polos restantes medios recollidos na Lei 39/2015.
Máis información:
-
BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)
-
Web do Concello de Culleredo
-
Correo electrónico: persoal@culleredo.es




Comments