Skip to main content

Vilaboa abre o prazo para cubrir a praza de Xuíz de Paz titular

O Concello de Vilaboa vén de anunciar a convocatoria pública para a provisión da praza de Xuíz ou Xuíza de Paz titular, de acordo co establecido na Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días hábiles para presentar a súa solicitude, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes poderán rexistrarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Requisitos das persoas aspirantes

Para optar ao cargo, os candidatos deberán cumprir os seguintes requisitos legais:

  • Ter nacionalidade española.

  • Ser maior de idade.

  • Non atoparse en ningunha das causas de incapacidade recollidas no artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Documentación necesaria

Xunto coa solicitude deberá achegarse:

  1. Copia do DNI.

  2. Certificación do Rexistro Central de Penados (ou, no seu defecto, xustificante da súa solicitude), acompañada dunha declaración sobre non atoparse inculpado ou procesado.

  3. Documentación acreditativa dos méritos alegados.

  4. Declaración xurada de non estar incurso/a en causas de incapacidade para o desempeño das funcións xudiciais.

A convocatoria ofrece unha oportunidade para todas aquelas persoas que queiran colaborar co funcionamento da Administración de Xustiza no ámbito local.

Comments