Vilaboa abre o prazo para cubrir a praza de Xuíz de Paz titular
O Concello de Vilaboa vén de anunciar a convocatoria pública para a provisión da praza de Xuíz ou Xuíza de Paz titular, de acordo co establecido na Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días hábiles para presentar a súa solicitude, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes poderán rexistrarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Requisitos das persoas aspirantes
Para optar ao cargo, os candidatos deberán cumprir os seguintes requisitos legais:
-
Ter nacionalidade española.
-
Ser maior de idade.
-
Non atoparse en ningunha das causas de incapacidade recollidas no artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
Documentación necesaria
Xunto coa solicitude deberá achegarse:
-
Copia do DNI.
-
Certificación do Rexistro Central de Penados (ou, no seu defecto, xustificante da súa solicitude), acompañada dunha declaración sobre non atoparse inculpado ou procesado.
-
Documentación acreditativa dos méritos alegados.
-
Declaración xurada de non estar incurso/a en causas de incapacidade para o desempeño das funcións xudiciais.
A convocatoria ofrece unha oportunidade para todas aquelas persoas que queiran colaborar co funcionamento da Administración de Xustiza no ámbito local.




Comments