Skip to main content

Elección de xuíz de paz substituto no Concello de Mesía

O Concello de Mesía inicia o procedemento para a elección da persoa que ocupará o cargo de xuíz de paz substituto do municipio por un período de catro anos.

Requisitos:

  • Ser español/a e maior de idade.

  • Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade establecidas na Lei Orgánica do Poder Xudicial.

  • Non é necesario ser licenciado en Dereito.

Prazo de presentación:

15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Solicitudes:

As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (Xanceda) en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou por calquera dos medios previstos na lei. Deberase achegar:

  • Certificado de nacemento ou copia do DNI.

  • Certificación de antecedentes penais e declaración de non estar procesado/a.

  • Declaración xurada de reunir os requisitos e non incorrer en incompatibilidades.

  • Xustificación de méritos alegados.

Máis información:

  • BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)

Comments