Elección de xuíz de paz substituto no Concello de Mesía
O Concello de Mesía inicia o procedemento para a elección da persoa que ocupará o cargo de xuíz de paz substituto do municipio por un período de catro anos.
Requisitos:
-
Ser español/a e maior de idade.
-
Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade establecidas na Lei Orgánica do Poder Xudicial.
-
Non é necesario ser licenciado en Dereito.
Prazo de presentación:
15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Solicitudes:
As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (Xanceda) en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou por calquera dos medios previstos na lei. Deberase achegar:
-
Certificado de nacemento ou copia do DNI.
-
Certificación de antecedentes penais e declaración de non estar procesado/a.
-
Declaración xurada de reunir os requisitos e non incorrer en incompatibilidades.
-
Xustificación de méritos alegados.
Máis información:
-
BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)




Comments