Convocatoria de subvencións para obras en instalacións de entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra abre unha liña de axudas destinada a financiar o investimento en obras de construción, rehabilitación, ampliación e reforma de centros pertencentes a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.
Requisitos:
-
Entidades: Ser entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro inscrita no RUEPSS (áreas de inclusión, maiores ou discapacidade).
-
Localización: Ter sede social ou delegación permanente na provincia de Pontevedra.
-
Inmobles: As obras deben realizarse en inmobles propiedade da entidade ou cedidos por unha Administración pública (cunha cesión vixente mínima de 5 anos).
-
Orzamento da obra: Presentar un proxecto cun orzamento mínimo de 100.000,00 €.
-
Obrigas: Estar ao día coa AEAT, ATRIGA, Seguridade Social e Deputación.
-
Financiamento: A subvención máxima será do 80 % do orzamento, cun tope de 80.000,00 € por entidade.
Prazos:
-
O prazo de presentación de solicitudes é de 3 meses, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Solicitudes:
-
A presentación realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra.
-
Será necesario o uso de certificado electrónico ou sistema Cl@ve.
Máis información:
-
Sede Electrónica: Sede da Deputación de Pontevedra




Comments