Ir o contido principal
obras

Convocatoria de subvencións para obras en instalacións de entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra abre unha liña de axudas destinada a financiar o investimento en obras de construción, rehabilitación, ampliación e reforma de centros pertencentes a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.

Requisitos:

  • Entidades: Ser entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro inscrita no RUEPSS (áreas de inclusión, maiores ou discapacidade).

  • Localización: Ter sede social ou delegación permanente na provincia de Pontevedra.

  • Inmobles: As obras deben realizarse en inmobles propiedade da entidade ou cedidos por unha Administración pública (cunha cesión vixente mínima de 5 anos).

  • Orzamento da obra: Presentar un proxecto cun orzamento mínimo de 100.000,00 €.

  • Obrigas: Estar ao día coa AEAT, ATRIGA, Seguridade Social e Deputación.

  • Financiamento: A subvención máxima será do 80 % do orzamento, cun tope de 80.000,00 € por entidade.

Prazos:

  • O prazo de presentación de solicitudes é de 3 meses, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Solicitudes:

  • A presentación realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra.

  • Será necesario o uso de certificado electrónico ou sistema Cl@ve.

Máis información:

Comments