Skip to main content
axudas violencia

Convocatoria da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero 2026

Axudas económicas de carácter periódico destinadas a mulleres vítimas de violencia de xénero, trata ou explotación sexual, para garantir a súa independencia económica e facilitar a ruptura coa situación de violencia.

Requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada.

  • Ser vítima de violencia de xénero, trata con fins de explotación sexual ou vítima de explotación sexual (acreditado mediante orde de protección, sentenza, informe fiscal ou servizos sociais/sanitarios).

  • Estar empadroada e ter residencia efectiva en Galicia (e residencia legal en España).

  • Ter cesado a convivencia co agresor ou a situación de dominación nos 12 meses anteriores á solicitude (salvo excepcións por violencia vicaria ou falecemento).

  • Carecer de recursos económicos suficientes (ingresos iguais ou inferiores ao dobre do IPREM).

  • Non ter percibido esta axuda ou a de pago único con anterioridade.

Prazos:

  • O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2026.

Solicitudes:

  • Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

  • Código do procedemento: SI434A.

Máis información:

Comments