Convocatoria da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero 2026
Axudas económicas de carácter periódico destinadas a mulleres vítimas de violencia de xénero, trata ou explotación sexual, para garantir a súa independencia económica e facilitar a ruptura coa situación de violencia.
Requisitos:
-
Ser muller, maior de idade ou emancipada.
-
Ser vítima de violencia de xénero, trata con fins de explotación sexual ou vítima de explotación sexual (acreditado mediante orde de protección, sentenza, informe fiscal ou servizos sociais/sanitarios).
-
Estar empadroada e ter residencia efectiva en Galicia (e residencia legal en España).
-
Ter cesado a convivencia co agresor ou a situación de dominación nos 12 meses anteriores á solicitude (salvo excepcións por violencia vicaria ou falecemento).
-
Carecer de recursos económicos suficientes (ingresos iguais ou inferiores ao dobre do IPREM).
-
Non ter percibido esta axuda ou a de pago único con anterioridade.
Prazos:
-
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2026.
Solicitudes:
-
Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
-
Código do procedemento: SI434A.
Máis información:
-
Teléfono: 881 99 91 64
-
Correo electrónico: vx.igualdade@xunta.gal
-
Web: Igualdade Xunta
-
Tramitación: Sede Electrónica da Xunta de Galicia




Comments