Convocatoria para a elección de xuíz/a de paz titular e substituto/a en Monterrei
O Concello de Monterrei vén de publicar a convocatoria para a elección de xuíz/a de paz titular e substituto/a, ao estar próximo a rematar o período de catro anos para o que foi nomeada a actual xuíza de paz do municipio.
Persoas destinatarias
Poderán presentar a súa candidatura:
-
Persoas de nacionalidade española.
-
Maiores de idade.
-
Que non incorran en causas de incapacidade (art. 303 da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial).
-
Que non se atopen en causas de incompatibilidade (art. 389 da mesma lei).
Prazo de presentación
-
O prazo finalizará o décimo quinto día hábil seguinte ao da publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Lugar de presentación
-
Rexistro de entrada do Concello de Monterrei.
-
Ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
Documentación requirida
-
Fotocopia autenticada do DNI.
-
Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria segundo o artigo 2.1 da Lei 68/1980.
-
Declaración responsable de non estar incurso/a en causas de incapacidade ou incompatibilidade.
-
Xustificación dos méritos alegados.




Comments