Ir o contido principal

Convocatoria para a elección de xuíz/a de paz titular e substituto/a en Monterrei

O Concello de Monterrei vén de publicar a convocatoria para a elección de xuíz/a de paz titular e substituto/a, ao estar próximo a rematar o período de catro anos para o que foi nomeada a actual xuíza de paz do municipio.

Persoas destinatarias

Poderán presentar a súa candidatura:

  • Persoas de nacionalidade española.

  • Maiores de idade.

  • Que non incorran en causas de incapacidade (art. 303 da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial).

  • Que non se atopen en causas de incompatibilidade (art. 389 da mesma lei).

Prazo de presentación

Lugar de presentación

  • Rexistro de entrada do Concello de Monterrei.

  • Ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

Documentación requirida

  • Fotocopia autenticada do DNI.

  • Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria segundo o artigo 2.1 da Lei 68/1980.

  • Declaración responsable de non estar incurso/a en causas de incapacidade ou incompatibilidade.

  • Xustificación dos méritos alegados.

 

Comments