Manzaneda convoca unha praza temporal de técnico/a medio de Administración xeral
O Concello de Manzaneda abriu o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a medio de Administración xeral, segundo as bases aprobadas mediante Resolución da Alcaldía 2026-0054.
Datos principais da convocatoria:
-
Posto ofertado: 1 praza de técnico/a medio de Administración xeral
-
Modalidade de contrato: laboral temporal
-
Xornada: media xornada (tempo parcial)
-
Duración do contrato: 12 meses
-
Sistema de selección: concurso de méritos
-
Prazo de solicitude: 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP
Características do contrato
A contratación realizarase baixo a modalidade de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de acordo co establecido no Real decreto-lei 32/2021.
Presentación de solicitudes
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Manzaneda, podendo facelo:
-
De forma presencial
-
A través da sede electrónica municipal
-
Por calquera dos medios previstos na normativa administrativa
A solicitude deberá axustarse ao modelo oficial incluído nas bases e ir acompañada da documentación requirida.
Máis información
As bases completas da convocatoria e o modelo de solicitude estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal.




Comments