A Deputación de Lugo abre listas de emprego temporal para programas con financiación externa
A Deputación Provincial de Lugo publica as bases para a creación de diversas listaxes de reserva destinadas á prestación de servizos temporais en programas financiados con fondos externos.
-
Entidade convocante: Deputación Provincial de Lugo.
-
Postos ofertados:
-
Coordinador/a do CIT (Centro de Innovación Tecnolóxica).
-
Persoal de apoio ao CIT.
-
Técnico/a de proxectos do CIT.
-
-
Sistema de selección: Concurso (baremo de méritos) e entrevista curricular.
-
Puntuación máxima: 40 puntos (30 méritos / 10 entrevista).
-
-
Requisitos principais:
-
Ter cumpridos os 16 anos.
-
Posuír a titulación académica esixida para cada praza.
-
Acreditar o nivel de lingua galega correspondente ou superar unha proba eliminatoria.
-
-
Prazo de solicitude: 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP (Publicado o 20/04/2026).
-
Taxas de participación:
-
Xeral: 15 €.
-
Reducida (desempregados/as que non cobren prestación): 3,75 €.
-
-
Presentación: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación de Lugo.




Comments