Ir o contido principal

A Deputación de Lugo abre listas de emprego temporal para programas con financiación externa

A Deputación Provincial de Lugo publica as bases para a creación de diversas listaxes de reserva destinadas á prestación de servizos temporais en programas financiados con fondos externos.

  • Entidade convocante: Deputación Provincial de Lugo.

  • Postos ofertados:

    • Coordinador/a do CIT (Centro de Innovación Tecnolóxica).

    • Persoal de apoio ao CIT.

    • Técnico/a de proxectos do CIT.

  • Sistema de selección: Concurso (baremo de méritos) e entrevista curricular.

    • Puntuación máxima: 40 puntos (30 méritos / 10 entrevista).

  • Requisitos principais:

    • Ter cumpridos os 16 anos.

    • Posuír a titulación académica esixida para cada praza.

    • Acreditar o nivel de lingua galega correspondente ou superar unha proba eliminatoria.

  • Prazo de solicitude: 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP (Publicado o 20/04/2026).

     

  • Taxas de participación:

    • Xeral: 15 €.

    • Reducida (desempregados/as que non cobren prestación): 3,75 €.

  • Presentación: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación de Lugo.

Comments