Skip to main content

Salvaterra de Miño convoca prazas interinas para o equipo directivo do obradoiro “Salvaterra Emprega V”

O Concello de Salvaterra de Miño abre proceso selectivo para persoal interino do programa Obradoiro de Emprego Salvaterra Emprega V.

Programa subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Postos ofertados

  • 1 Director/a (grupo A1).
  • 1 Titor/a (grupo A2).
  • 2 Docentes (grupo A2).

Duración e condicións

  • Programa de 9 meses a xornada completa.
  • Bolsa de emprego cunha duración máxima de 3 anos.

Retribucións anuais

  • Director/a: 25.875 €
  • Titor/a: 24.099,34 €
  • Docentes: 23.760 €

Sistema de selección

  • Concurso-oposición libre.
  • Só acceden á fase de concurso quen supere a oposición.

Requisitos principais

  • Nacionalidade española ou equivalente.
  • Titulación universitaria oficial (segundo posto).
  • Experiencia mínima de 24 meses en dirección ou titoría (segundo posto).
  • Capacidade funcional e non estar inhabilitado/a.
  • Non ter condenas por delitos contra a liberdade sexual.

Solicitudes

  • Prazo: 5 días naturais desde a publicación no BOPPO.
  • Presentación: rexistro municipal ou medios legais.
  • Taxa: 25,50 €.

Proceso selectivo

  • Probas teóricas e/ou prácticas segundo o posto.
  • Exercicios eliminatorios (mínimo 5 puntos sobre 10).
  • Proba de galego (exenta con CELGA 4).

Baremo de méritos

  • Experiencia profesional: ata 2,5 puntos.
  • Formación: ata 1,5 puntos.

Resolución

  • Nomeamento das persoas con maior puntuación.
  • Creación de listaxe de reserva para substitucións.

Comments