Salvaterra de Miño convoca prazas interinas para o equipo directivo do obradoiro “Salvaterra Emprega V”
O Concello de Salvaterra de Miño abre proceso selectivo para persoal interino do programa Obradoiro de Emprego Salvaterra Emprega V.
Programa subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Postos ofertados
- 1 Director/a (grupo A1).
- 1 Titor/a (grupo A2).
- 2 Docentes (grupo A2).
Duración e condicións
- Programa de 9 meses a xornada completa.
- Bolsa de emprego cunha duración máxima de 3 anos.
Retribucións anuais
- Director/a: 25.875 €
- Titor/a: 24.099,34 €
- Docentes: 23.760 €
Sistema de selección
- Concurso-oposición libre.
- Só acceden á fase de concurso quen supere a oposición.
Requisitos principais
- Nacionalidade española ou equivalente.
- Titulación universitaria oficial (segundo posto).
- Experiencia mínima de 24 meses en dirección ou titoría (segundo posto).
- Capacidade funcional e non estar inhabilitado/a.
- Non ter condenas por delitos contra a liberdade sexual.
Solicitudes
- Prazo: 5 días naturais desde a publicación no BOPPO.
- Presentación: rexistro municipal ou medios legais.
- Taxa: 25,50 €.
Proceso selectivo
- Probas teóricas e/ou prácticas segundo o posto.
- Exercicios eliminatorios (mínimo 5 puntos sobre 10).
- Proba de galego (exenta con CELGA 4).
Baremo de méritos
- Experiencia profesional: ata 2,5 puntos.
- Formación: ata 1,5 puntos.
Resolución
- Nomeamento das persoas con maior puntuación.
- Creación de listaxe de reserva para substitucións.




Comments