“Capturando a Natureza”. Nova exposición fotográfica no Espazo Xove de Chantada
💥Nova exposición fotográfica no Espazo Xove‼️
📸 “Capturando a Natureza”, de Álvaro Lamas @lostinwoodlands chega ao Espazo Xove cunha proposta visual centrada na beleza, forza e delicadeza das paisaxes naturais do norte peninsular.
☀️🌳🌊 Luz, territorio e emoción. A exposición combina paisaxes de grande escala (cantís, montañas, fervenzas...) con pequenas escenas íntimas do bosque que revelan mundos invisibles a simple vista.
📸 A mostra terémola dispoñible do 8 de maio ao 12 de xuño.
📸 A inauguración celebrarase o 8 de maio ás 19:30h no propio Espazo Xove, cun acto de apertura no que o autor presentará o proxecto e dialogará co público asistente sobre o proceso creativo e a experiencia de fotografar a natureza en condicións de luz e climatoloxía cambiantes.
👉🏻Toma nota‼️
📍 Espazo Xove Chantada
🗓 Do 8 de maio ao 12 de xuño




Comments