Ir o contido principal
chantada

“Capturando a Natureza”. Nova exposición fotográfica no Espazo Xove de Chantada

💥Nova exposición fotográfica no Espazo Xove‼️

📸 “Capturando a Natureza”, de Álvaro Lamas @lostinwoodlands chega ao Espazo Xove cunha proposta visual centrada na beleza, forza e delicadeza das paisaxes naturais do norte peninsular.

☀️🌳🌊 Luz, territorio e emoción. A exposición combina paisaxes de grande escala (cantís, montañas, fervenzas...) con pequenas escenas íntimas do bosque que revelan mundos invisibles a simple vista.

📸 A mostra terémola dispoñible do 8 de maio ao 12 de xuño.

📸 A inauguración celebrarase o 8 de maio ás 19:30h no propio Espazo Xove, cun acto de apertura no que o autor presentará o proxecto e dialogará co público asistente sobre o proceso creativo e a experiencia de fotografar a natureza en condicións de luz e climatoloxía cambiantes.

👉🏻Toma nota‼️

📍 Espazo Xove Chantada

🗓 Do 8 de maio ao 12 de xuño

Comments