Viveiro abre o proceso selectivo para contratar unha brigada contra incendios forestais para a campaña de 2026
O Concello de Viveiro vén de convocar o proceso selectivo para a contratación temporal dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais correspondente á campaña de 2026. A convocatoria contempla a incorporación de cinco profesionais: 1 xefe/a de brigada e 4 peóns/as condutores/as.
Datos principais
- Postos ofertados:
- 1 xefe/a de brigada.
- 4 peóns/as condutores/as.
- Duración dos contratos:
- 3 meses de operatividade da brigada.
- Sistema de selección:
- Concurso de méritos en réxime de contratación laboral temporal.
- Finalidade:
- Desenvolver labores de prevención e defensa contra incendios forestais ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro.
Requisitos destacados
- O posto de xefe/a de brigada require titulación específica relacionada co ámbito forestal e permiso de conducir B, ademais de acreditar o nivel Celga 4.
- Para os postos de peón/a condutor/a esíxese permiso de conducir tipo B e acreditación do nivel Celga 1.
Información adicional
As persoas seleccionadas deberán superar previamente un recoñecemento médico, unha proba física de esforzo e un curso obrigatorio de formación en prevención e defensa contra incendios forestais antes da contratación definitiva.
As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios dixital do Concello de Viveiro.




Comments