Ir o contido principal

Viveiro abre o proceso selectivo para contratar unha brigada contra incendios forestais para a campaña de 2026

O Concello de Viveiro vén de convocar o proceso selectivo para a contratación temporal dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais correspondente á campaña de 2026. A convocatoria contempla a incorporación de cinco profesionais: 1 xefe/a de brigada e 4 peóns/as condutores/as.

Datos principais

  • Postos ofertados:
    • 1 xefe/a de brigada.
    • 4 peóns/as condutores/as.
  • Duración dos contratos:
    • 3 meses de operatividade da brigada.
  • Sistema de selección:
    • Concurso de méritos en réxime de contratación laboral temporal.
  • Finalidade:
    • Desenvolver labores de prevención e defensa contra incendios forestais ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro.

Requisitos destacados

  • O posto de xefe/a de brigada require titulación específica relacionada co ámbito forestal e permiso de conducir B, ademais de acreditar o nivel Celga 4.
  • Para os postos de peón/a condutor/a esíxese permiso de conducir tipo B e acreditación do nivel Celga 1.

Información adicional

As persoas seleccionadas deberán superar previamente un recoñecemento médico, unha proba física de esforzo e un curso obrigatorio de formación en prevención e defensa contra incendios forestais antes da contratación definitiva.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios dixital do Concello de Viveiro.

 

BOP LUGO

Comments