Skip to main content
monitor

Curso intensivo de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Teixeiro

A Escola de Tempo Libre Scolé organiza un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en modalidade intensiva, con formación presencial e telemática, no Centro Etnográfico de Teixeiro, no Concello de Curtis.

📍 Lugar: Centro Etnográfico de Teixeiro, Concello de Curtis
Enderezo: Paseo Fluvial do Carregal, 20 – 15310 Teixeiro, Curtis (A Coruña)

📚 Modalidade: 200 horas

  • 100 horas de formación presencial intensiva.
  • 100 horas de formación telemática.

📅 Datas:

  • Formación presencial: do 27 de agosto ao 5 de setembro de 2026.
  • Formación telemática: do 6 ao 15 de setembro de 2026.

🕐 Horario presencial: de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.

📌 Prazo de inscrición: ata o 14 de agosto de 2026.

👥 Prazas: 25

  • 22 con pernocta.
  • 3 sen pernocta.

Requisitos

  • Ter cumpridos os 18 anos.
  • Estar en posesión do título de Graduado/a en Educación Secundaria, Graduado/a Escolar ou equivalente.
  • Ou estar en posesión do título de Técnico/a Auxiliar en Formación Profesional ou equivalente.

Formación telemática

A formación a distancia inclúe 100 horas lectivas, distribuídas en diferentes áreas do programa formativo, entre elas:

  • Educación e tempo libre: metodoloxía educativa.
  • Educación para a saúde.
  • Organización e recursos.
  • Lexislación, recursos e axudas e redes de información xuvenil.

A formación telemática desenvolverase mediante unha metodoloxía activa, dinámica e participativa, a través da plataforma Moodle, con actividades colaborativas, foros de debate, retos prácticos, tarefas creativas, sesións en liña e ferramentas de avaliación e seguimento.

Máis información e inscricións

Inscricións: Formulario de inscrición do curso

Web: Scolé Escola de Tempo Libre – Curso de Monitor/a en Teixeiro

Correo electrónico: escoladetempolibre@avada.gal

Instagram/Facebook: @avada.gal

Director do curso: Aldo Dagraza Valverde

Comments