Curso intensivo de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Teixeiro
A Escola de Tempo Libre Scolé organiza un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en modalidade intensiva, con formación presencial e telemática, no Centro Etnográfico de Teixeiro, no Concello de Curtis.
📍 Lugar: Centro Etnográfico de Teixeiro, Concello de Curtis
Enderezo: Paseo Fluvial do Carregal, 20 – 15310 Teixeiro, Curtis (A Coruña)
📚 Modalidade: 200 horas
- 100 horas de formación presencial intensiva.
- 100 horas de formación telemática.
📅 Datas:
- Formación presencial: do 27 de agosto ao 5 de setembro de 2026.
- Formación telemática: do 6 ao 15 de setembro de 2026.
🕐 Horario presencial: de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
📌 Prazo de inscrición: ata o 14 de agosto de 2026.
👥 Prazas: 25
- 22 con pernocta.
- 3 sen pernocta.
Requisitos
- Ter cumpridos os 18 anos.
- Estar en posesión do título de Graduado/a en Educación Secundaria, Graduado/a Escolar ou equivalente.
- Ou estar en posesión do título de Técnico/a Auxiliar en Formación Profesional ou equivalente.
Formación telemática
A formación a distancia inclúe 100 horas lectivas, distribuídas en diferentes áreas do programa formativo, entre elas:
- Educación e tempo libre: metodoloxía educativa.
- Educación para a saúde.
- Organización e recursos.
- Lexislación, recursos e axudas e redes de información xuvenil.
A formación telemática desenvolverase mediante unha metodoloxía activa, dinámica e participativa, a través da plataforma Moodle, con actividades colaborativas, foros de debate, retos prácticos, tarefas creativas, sesións en liña e ferramentas de avaliación e seguimento.
Máis información e inscricións
Inscricións: Formulario de inscrición do curso
Web: Scolé Escola de Tempo Libre – Curso de Monitor/a en Teixeiro
Correo electrónico: escoladetempolibre@avada.gal
Instagram/Facebook: @avada.gal
Director do curso: Aldo Dagraza Valverde




Comments