O Grove crea unha bolsa de emprego para persoal de oficios
- Creación dunha bolsa de emprego de persoal de oficios para atender necesidades temporais do Concello do Grove.
- A bolsa permitirá realizar nomeamentos de persoal funcionario interino ou contratacións laborais temporais para cubrir necesidades derivadas, entre outras causas, de incrementos temporais de traballo, baixas, permisos, vacacións ou excedencias.
Postos convocados:
- Operario/a do servizo de augas, persoal laboral, grupo IV, categoría oficial.
- Mecánico/a, persoal laboral, grupo IV, categoría oficial.
- En ambos os casos establécese unha xornada completa de 35 horas semanais.
Requisitos principais:
- Ter cumpridos os 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
- Posuír a titulación esixida para o posto.
- Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración pública nin inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.
- Para os dous postos é necesario contar co título de ESO ou equivalente.
- Dispor do permiso de conducir B en vigor.
- Acreditar mediante informe médico as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das funcións.
Operario/a do servizo de augas:
Entre as súas funcións figuran o mantemento da EDAR de San Vicente, o control de acometidas e contadores, reparacións, control de bombeos e atención de emerxencias.
Mecánico/a:
As funcións inclúen o mantemento e reparación dos vehículos e equipamentos municipais, xestión de pezas de reposto, reparacións, atención do almacén e fabricación de estruturas metálicas, entre outras tarefas relacionadas co posto.
Sistema de selección:
- Concurso-oposición.
- Para acceder á fase de concurso será necesario superar previamente a fase de oposición.
Fase de oposición:
- Proba ou suposto práctico obrigatorio e eliminatorio, cunha duración máxima de 20 minutos.
- A proba cualificarase de 0 a 12 puntos e será necesario obter polo menos 6 puntos para superala.
- Proba de coñecemento de lingua galega, consistente na tradución dun texto do castelán ao galego, cunha duración máxima de 30 minutos.
- Estarán exentas desta proba as persoas que acrediten o CELGA II ou equivalente no caso do posto de operario/a do servizo de augas.
Fase de concurso:
Valorarase a experiencia profesional, a formación, os méritos académicos e a superación de probas selectivas, cunha puntuación máxima de 8 puntos.
Duración da bolsa:
- A bolsa de emprego terá unha duración de tres anos.
- Cada lista estará integrada inicialmente por un máximo de 20 persoas, ampliable en 10 máis no caso de contratación de todas as persoas integrantes.
Prazo de solicitude:
- 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Presentación de solicitudes:
- No Rexistro Xeral do Concello do Grove.
- A través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015.
- As persoas aspirantes deberán presentar unha instancia por cada posto ao que opten.
Máis información:
As bases establecen tamén o procedemento de chamamento das persoas integrantes da bolsa. A oferta realizarase seguindo a orde de puntuación e efectuaránse ata tres avisos telefónicos durante o día do chamamento e o seguinte.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/08/12/2026062331




Comments