Skip to main content

O Cesga convoca unha praza de técnico/a de sistemas

A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga) convoca un proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de sistemas, con referencia TSIS-26-INT-2026/13.

Características da praza:

  • Praza: 1 técnico/a de sistemas.
  • Referencia: TSIS-26-INT-2026/13.
  • Modalidade contractual: contrato temporal de substitución dunha persoa traballadora en excedencia, con dereito a reserva do posto.
  • Lugar: Santiago de Compostela.

Presentación de solicitudes:

  • As bases do proceso selectivo están dispoñibles na sede do Cesga, situada na avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela, e na súa páxina web.
  • Prazo: 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
  • Todas as notificacións derivadas do proceso selectivo publicaranse na páxina web do Cesga.

Máis información: emprego.cesga.es

Data: 22 de setembro de 2026.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260925/AnuncioG1547-220926-…

Comments