O Cesga convoca unha praza de técnico/a de sistemas
A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga) convoca un proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de sistemas, con referencia TSIS-26-INT-2026/13.
Características da praza:
- Praza: 1 técnico/a de sistemas.
- Referencia: TSIS-26-INT-2026/13.
- Modalidade contractual: contrato temporal de substitución dunha persoa traballadora en excedencia, con dereito a reserva do posto.
- Lugar: Santiago de Compostela.
Presentación de solicitudes:
- As bases do proceso selectivo están dispoñibles na sede do Cesga, situada na avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela, e na súa páxina web.
- Prazo: 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
- Todas as notificacións derivadas do proceso selectivo publicaranse na páxina web do Cesga.
Máis información: emprego.cesga.es
Data: 22 de setembro de 2026.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260925/AnuncioG1547-220926-…




Comments