Skip to main content

Becerreá convoca unha praza de oficial de obras e servizos

O Concello de Becerreá convoca un proceso selectivo para cubrir, como persoal laboral temporal por substitución de persoa traballadora, un posto de oficial de obras e servizos.

Características da convocatoria:

  • Posto: Oficial de obras e servizos
  • Administración convocante: Concello de Becerreá
  • Tipo de persoal: laboral temporal
  • Modalidade: substitución de persoa traballadora
  • Prazo de presentación: 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
  • Solicitudes: no Rexistro Xeral Electrónico do Concello ou a través das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As bases reguladoras e o modelo normalizado de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá.

Máis información: Sede electrónica do Concello de Becerreá

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments