Becerreá convoca unha praza de oficial de obras e servizos
O Concello de Becerreá convoca un proceso selectivo para cubrir, como persoal laboral temporal por substitución de persoa traballadora, un posto de oficial de obras e servizos.
Características da convocatoria:
- Posto: Oficial de obras e servizos
- Administración convocante: Concello de Becerreá
- Tipo de persoal: laboral temporal
- Modalidade: substitución de persoa traballadora
- Prazo de presentación: 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
- Solicitudes: no Rexistro Xeral Electrónico do Concello ou a través das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As bases reguladoras e o modelo normalizado de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá.
Máis información: Sede electrónica do Concello de Becerreá
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…




Comments