Narón publica as bases específicas para a provisión dunha praza de Técnico/a de Xestión (OEP 2025)
O Concello de Narón vén de facer pública a convocatoria e as bases específicas para cubrir unha praza de Técnico/a de Xestión, pertencente ao grupo A, subgrupo A2, como persoal funcionario de carreira. A proposta foi aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 20 de novembro de 2025, quedando a praza incluída na Oferta de Emprego Público de 2025.
A convocatoria prevé o sistema de oposición libre, cunha única praza ofertada e coa correspondente dotación económica establecida para o subgrupo A2.
Requisitos principais
As persoas aspirantes deberán cumprir os requisitos das bases xerais da OEP 2025 e os recollidos nesta convocatoria, entre eles:
-
Titulación: Diplomatura ou Grao habilitante para o exercicio das funcións do posto.
-
Lingua galega: Celga 4 ou equivalente.
-
Taxa de exame: 17,21 €.
A misión principal do posto é a xestión, control e información de expedientes da unidade administrativa, así como tarefas de supervisión e comunicación con outras administracións.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, mediante a sede electrónica municipal ou nos lugares indicados na Lei 39/2015.
Xunto coa solicitude deberán achegarse, entre outros documentos: copia do DNI, titulación esixida, xustificante do pagamento das taxas e acreditación do Celga 4, se procede.
Proceso selectivo
O proceso de oposición contará con tres exercicios obrigatorios e eliminatorios, agás a proba de galego, que só deberán realizar quen non acredite o Celga 4:
-
Primeiro exercicio (teórico):
-
Test de 10 preguntas e 2 de reserva.
-
Desenvolvemento dun tema escollido entre dous.
-
-
Segundo exercicio (práctico):
Desenvolvemento por escrito dun ou varios supostos prácticos relacionados co temario. -
Terceiro exercicio (galego):
Proba de nivel equivalente ao Celga 4, para quen non o teña acreditado.
Ao rematar o proceso, o tribunal proporá o nomeamento da persoa aspirante que obteña a maior puntuación. Ademais, crearase unha lista de reserva para futuros nomeamentos como persoal funcionario de carreira e unha lista de espera para interinidades, segundo o establecido nas bases xerais da OEP 2025.




Comments