Ir o contido principal

O Concello de Ribadumia abre unha convocatoria para a selección dun/ha traballador/a social interino/a

O Concello de Ribadumia vén de publicar as bases da convocatoria para a selección dun/ha traballador/a social, na modalidade de persoal laboral interino por vacante, mediante o sistema de concurso-oposición.

A praza está encadrada no grupo A, subgrupo A2, a xornada completa, e corresponde á escala de administración especial, subescala técnica. O nomeamento rexerase pola Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, e polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

Funcións principais do posto

Entre as tarefas a desenvolver destacan:

  • Atención primaria no ámbito dos servizos sociais municipais.

  • Avaliación de necesidades sociais, seguimento de casos e visitas domiciliarias.

  • Elaboración e seguimento de plans de intervención.

  • Mediación en conflitos sociais ou familiares.

  • Deseño e xestión de programas vinculados ao eido familiar.

  • Coordinación con entidades públicas e privadas.

  • Tramitación de axudas económicas e elaboración de informes sociais.

Requisitos das persoas aspirantes

Para participar no proceso será necesario, entre outros requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou as condicións establecidas para persoas doutros Estados.

  • Ter cumpridos 16 anos.

  • Estar en posesión do título de Diplomatura ou Grao en Traballo Social.

  • Posuír o permiso de conducir B.

  • Acreditar o CELGA 4, ou realizar unha proba específica.

  • Presentar certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadumia ou a través da sede electrónica, no prazo de 5 días hábiles dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Xunto coa instancia deberá achegarse a documentación requirida e o xustificante de pagamento da taxa correspondente, fixada en 35 euros.

Proceso selectivo

O sistema será de concurso-oposición, cunha fase de oposición e outra de baremación de méritos, podendo acadar ata 20 puntos adicionais pola experiencia profesional, formación académica e cursos especializados.

Toda a información detallada, modelos de solicitude e actualizacións do proceso estarán dispoñibles na web municipal www.ribadumia.org e no taboleiro de anuncios do Concello.

Comments