Calvos de Randín convoca unha praza de peón/a condutor/a de tractor desbrozadora e outros vehículos
O Concello de Calvos de Randín aprobou, mediante Resolución da Alcaldía do 11 de maio de 2026, as bases e a convocatoria para a contratación temporal dun/dunha peón/oa condutor/a de tractor desbrozadora e outros vehículos, por circunstancias da produción.
Datos da convocatoria
- Número de prazas: 1.
- Posto: peón/a condutor/a de tractor desbrozadora e outros vehículos.
- Modalidade de contratación: por circunstancias da produción.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Xornada: completa.
- Duración do contrato: 6 meses.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
As solicitudes poderán presentarse:
- No Rexistro Xeral do Concello de Calvos de Randín, situado na praza A Laborada, s/n, 32644 Calvos, en horario de 9:00 a 14:30 horas.
- A través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
No caso de presentación por medios distintos ao rexistro municipal, deberá comunicarse mediante correo electrónico á sede electrónica municipal.
Bases da convocatoria
As bases íntegras do proceso selectivo están publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal:
Sede electrónica do Concello de Calvos de Randín
Os sucesivos anuncios relacionados coa convocatoria publicaranse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios municipal.




Comments