Skip to main content
COXUIESFRAGUAS25

Correspondentes Xuvenís IES Fraguas

Os Correspondentes Xuvenís 3.0 "Fragoliños e Acción"  que xunto co alumnado da materia de Proxecto Competencial está a traballar na planificación, organización  e difusión de tres Campañas dentro do Proxecto ACADIX  e coa temática "FraguaSonEmocións".

A primeira é de alumnado de 1º ESO e denomínase "Fraguas Verde" que  é unha Campaña de sensibilización e concienciación medioambiental.

A segunda é de 2º ESO  "FraguaSaúde 365" que é unha Campaña de Promoción de Hábitos Saudables para o día a día.

A terceira é de 4º ESO "FraguAdolescencia Revolucionaria" que é unha Campaña de motivación e concienciación con 10 mensaxes para sobrevivir.

Todo o EQUIPAZO (alumnado e profesorado) de Correspondentes Xuvenís do IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela.)

Máis información:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesantoniofraguas/

 

Comments